Monday 13 de May de 2024

As novas paradas de autobús para os veciños do Quinto Pino, en Arteixo, entraron en servizo tras concluír a Xunta as obras de seguridade viaria para o acceso dos peóns


Os traballos desenvolvidos polo contou cun orzamento de máis de 60.000 euros
Entraron en funcionamento as novas paradas de autobús que prestan servizo aos veciños do Quinto Pino, no Concello de Arteixo, tras concluír a Xunta as obras de seguridade viaria para o acceso dos peóns.

Trátase das paradas de autobús situadas na estrada AC-552, no punto quilométrico 4+600, na glorieta da Maceira, que foron desprazadas no transcurso das obras da vía de acceso ao Porto Exterior da Coruña que executou o Ministerio de Fomento.

As obras executadas pola Xunta supuxeron un investimento de máis de 60.000 euros e consistiron na construción dun treito de senda de case 60 metros de lonxitude para conectar as paradas coa zona de vivendas. Así mesmo instaláronse semáforos con pulsador, e un paso de peóns demandado polos veciños para facilitar o cruce dos usuarios.